XIV Encontro de Conservación e Restauración. O Cal no Patrimonio 21/11/26 Mañá
4h 34m
Gravación da terceira e última sesión desta edición do encontro que organiza o Museo de Pontevedra coa colaboración da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Coas conferencias:
• “Nanopartículas de cal: retos e certezas na conservación de patrimonio”, de Jorge Otero Hermo. Universidade de Barcelona e Instituto de Arqueoloxía (IA-UB)
• “Proceso e resultado final da restauración do trasaltar da catedral de Burgos”, de Carlos Tejedor Barrios, restaurador do Servizo de Restauración da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Junta de Castela e León, e responsable de restauración de Bens Mobles
• “Restauración do conxunto escultórico da portada da fachada oeste da basílica de San Vicente, en Ávila”, de Carlos Sanz Velasco, conservador e restaurador, director do proxecto
• “A conservación do patrimonio prehispánico a través dos saberes do cal: 25 anos de perfilar tecnoloxías sostibles e reversibles en ambiente tropical”, de Alejandra Alonso Olvera, restauradora perito da Coordinación Nacional de Conservación do Patrimonio Cultural do INAH (México)