Live stream preview
Exposición ‘Arte en parella. Mercedes Ruibal-Agustín Pérez Bellas’
2m 55s
A comisaria Cristina Villaverde Ruibal presénta a exposición ‘Arte en parella. Mercedes Ruibal-Agustín Pérez Bellas’, no Museo de Pontevedra do 30 de abril ao 28 de xuño de 2026. A exposición reivindica as traxectorias artísticas desta parella de creadores que deixaron unha fonda pegada na pintura galega da segunda metade do século XX. Comprometidos ambos co movemento antifranquista, trasládanlle á súa creación contidos sociais e de denuncia que comparten, sempre con estilos ben distintos e mesmo plasticamente afastados, co mundo da muller, no caso de Mercedes Ruibal, e cunha obra gráfica desenvolvida maioritariamente por medio de tintas negras, na creatividade de Agustín Pérez Bellas.